Consellería de Promoción do emprego e igualdade 2024

1.- Programa do Bono das persoas autónomas.

  • Obxecto: Axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para impulsar a mellora da competitividade mediante investimentos relacionados directamente co seu negocio.
  • Persoas beneficiarias: persoas autónomas e sociedades que cumpran os requisitos de alta, facturación e antigüidade.
  • Importe: límite máximo de 7.000 euros de axuda.
  • Tipos de investimento: compra de maquinaria, ferramenta, mellora enerxética, reforma do local…
  • Prazo:  ata o 30 de setembro de 2024.
  • Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioG0656-291223-0006_gl.pdf

 

2.- Programa do Bono Concilia.

  • Obxecto: Axudas á conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. Para que obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial.
  • Importe: varía segundo o Bono Concilia.
    • Bono Concilia I, para casos de maternidade e paternidade, o importe da subvención para compensar a dita contratación será de 1.100 € por mes completo.
    • Bono Concilia II, para contratos indefinidos para coidados cun importe dende 7.500€
    • Bono Concilia III, para subvencionar costes de centros (75%)
  • Prazo: ata o 29 de setembro de 2024.
  • Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240124/AnuncioG0656-030124-0001_gl.pdf

 

3.- Programa do Bono contratación e bono formación.

  • Obxecto: programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas.
  • Persoas beneficiarias: poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.
  • Obxecto: Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:
    • 1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
    • 2. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención para accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.
  • Importe: a contía dos incentivos serán os seguintes:
    • Bono contratación: primeira contratación persoa traballadora indefinida desempregada ata 14.400€, segunda contratación persoa traballadora indefinida desempregada ata 17.600€.
    • Bono contratación: a formación incentivarase cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora cuxo contrato se subvenciona por medio do bono de contratación.
  • Prazo:   ata o 29 de setembro de 2024.

 

4.- Programa Nova Oportunidade.

  • Obxecto: Axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma. Para facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou diferente sector.
  • Persoas beneficiarias: Persoas que fosen autónomas con anterioridade, e que queren volver a emprender, sempre que cumpran cos requisitos de alta, cotización.
  • Importe: subvención ata 8.000€
  • Prazo: ata o 31 de outubro de 2024.
  • Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioG0656-291223-0008_gl.pdf

*Se precisa de máis información pode contactar co seu Concello.