OMIX de Carnota

Oficina Municipal de Información Xuvenil

A OMIX de Carnota vén funcionando dende o ano 1995 e atópase integrada na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.
Trátase dun servizo público e gratuíto dirixido fundamentalmente a mozas e mozos de entre 14 e 35 anos, concibido como un lugar de referencia integral no que a mocidade pode atopar non só información e documentación, senón asesoría, atención personalizada e resposta aos asuntos do seu interese.
Atópase localizada na planta baixa da Casa do Concello e conta cun espazo de atención ao público e unha área diferenciada de exposición e difusión da información dotada taboleiros de anuncios, paneis informativos de autonconsulta e expositores de folletos e outras publicacións.

Dende a OMIX de Carnota ofrécense á mocidade os seguintes servizos:

Promoción da información xuvenil e actividades de dinamización da información:

Préstase información e asesoramento sobre diversos temas que afectan á mocidade, entre os que destacamos:

  • Emprego:  ofertas, orientación laboral, bolsa de emprego, axudas ao autoemprego, etc.

  • Formación regrada e ocupacional: información sobre ciclos formativos en centros públicos e privados, programas e plans de estudos, oferta formativa de universidades, oferta de formación ocupacional, programas europeos, bolsas e axudas ao estudo,etc.

  • Formación continua: información sobre cursos, xornadas, congresos, etc.

  • Bolsas, premios e concursos: información e asesoramento sobre convocatorias.

  • Vivenda: información sobre axudas para o acceso á vivenda en réxime de alugueiro ou de propiedade.

  • Ocio: información sobre actividades de animación sociocultural para o tempo de lecer (campamentos de verán, rutas guiadas de fin de semana, campos de traballo, turismo xuvenil, etc.)

  • Asociacionismo xuvenil: información e asesoramento para a constitución de asociacións xuvenís e para o desenvolvemento das actuacións por parte das xa existentes

  • Carné Xove: expedición do Carné Xove e información e vantaxes que ofrece.

  • Programas de ocio e turismo xuvenil: información e asesoramento sobre a participación en programas de ocio e turismo xuvenil organizados pola Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado ou outros organismos.

Actividades que fomentan a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías.

Información relativa a ofertas e promoción do emprego xuvenil.

Prestar asesoramento e axuda con respecto ao Sistema de Garantía Xuvenil.

Horario

De luns a venres: 

  • 8:00 a 14:30 h (tempada de inverno)
  • 8:00 a 14:00 h na tempada de verán (xullo e agosto)

Contacto

Persoal técnico: 

Dolores Lago

Planta Baixa
Edif. do Concello 

981 85 70 32 

Deixa a túa mensaxe