Educación familiar
O programa de educación familiar ten como obxectivo a integración social dos núcleos familiares que se atopan nunha situación de dificultade ou risco social.
Para lograr este obxectivo, desenvólvense funcións tales como:
-Intervención personalizada con familias con diferentes necesidades, especialmente con aquelas que se atopen nunha situación social máis complexa.
-Intervención grupal para reforzar as competencias e habilidades traballadas nas actuacións individualizadas con diferentes membros das familias.
-Intervención educativa na comunidade, poñendo especial énfase na colaboración con outros programas comunitarios que primen a inserción social dos membros da familia en contextos de aprendizaxe.
-Detección temperá de necesidades educativas nas familias, atendendo á especial relación de coordinación coas escolas infantís e os centros educativos da zona.
-Deseño, posta en marcha e avaliación dos proxectos de intervención social.
-Incorporación da perspectiva de xénero no traballo realizado coas familias.
-Coordinación con outros axentes que se relacionen coas familias desde outros ámbitos (centros de saúde, asociacións, etc.).
-Promoción do acceso das familias ás redes e recursos comunitarios.
A intervención familiar terá un carácter continuado co fin de acadar os obxectivos propostos para cada núcleo familiar e dotará as familias das competencias necesarias para que acaden a súa plena autonomía na solución de problemas de cara ao futuro e á súa participación social
Contacto:
Teléfono: 981 857 032 / Ext. 2
correo-e: reyes.quintela@carnota.es