Escola municipal de música de Carnota (ESMU)
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE CARNOTA (ESMU)
A Escola Municipal de Música de Carnota fúndase no curso 94/95, froito de interese e empeño da poboación por que a veciñanza de Carnota en xeral, e os/as nenos/as en particular, puidesen acceder á aprendizaxe musical.
Iniciouse naquel momento con menos de 30 alumnos/as e con 3 mestres. Mais o que comezou dun xeito tímido, foi crecendo anualmente tanto en alumnado como en profesorado e especialidades musicais, atendendo ás demandas do alumnado sempre que foi posible, ata acadar no presente máis de 150 estudantes, 5 mestres e varias especialidades.
ESCOLA, HORARIO, ESPECIALIDADES E ALUMNADO
A ESMU está situada no Campo do Viso, parroquia de San Mamede, Carnota. O edificio conta con 6 aulas individuais, unha aula de estudo e un auditorio que aínda está en obras.
Alí estamos todas as tardes de luns a venres en horario de 16:00 h a 22:00 h, e os mércores polas mañás, en horario de 10:00 h a 14:00 h.
Impartimos as seguintes materias: Piano, Acordeón, Saxofón, Clarinete, Frauta Traveseira, Frauta de Pico, Gaita, Pandeireta, Música Tradicional, Harmonía, Guitarra, Baixo Eléctrico, Guitarra Eléctrica, Batería, Congas, Linguaxe Musical, Música Activa, Iniciación, Canto, Orquestra Orff, Coral Polifónica e Combos.
Dende os 4 anos en adiante, calquera veciño e veciña, neno ou adulto, pódese matricular na ESMU. A matrícula tamén está aberta a persoas procedentes doutros concellos, sempre que haxa prazas vacantes.
Teléfonos de contacto para información e matrícula: 627 254803 ou 981 857032.
PROFESORADO
Levamos anos contando co mesmo elenco de mestres e mestras, que conforman un grande equipo, para dar resposta ás demandas formativas do alumnado:
- Ana Blanco, mestra de Iniciación Musical, Canto, Orquestra Orff e Coro Infantil
- Castor Montes, mestre de Guitarra, Baixos e Combos
- Carlos González, mestre de Percusión e Batería, Combos e Música Moderna
- Ramón Domínguez, mestre de Gaita, Percusión Tradicional, Vento, Madeira e Coral Polifónica.
- Alianza Uhía, mestra de Linguaxe Musical e Piano, e directora da ESMU.
Contacto:
- Teléfono: 627254803
- Correo-e: esmu@carnota.gal
Redes sociais:
- Facebook: Escola Música Carnota Esmu
- Instagram: esmucarnota