Tipoloxía: petróglifo.
Cronoloxía: Idade de Bronce.
Motivos representados: cuadrados e círculos concéntricos, motivo idoliforme, cruces, cazoletas e radios.
Parroquia: Santa Comba de Carnota.
Lugar: Mallou.
Altitude: 220 m.
Descrición do entorno: monte baixo e toxos.
Accesibilidade: dificultade media
Filladouro
Descrición
Atópase situado nun dos marxes da Senda Verde, localizado en diferentes partes dunha formación rocosa de grandes dimensións e boa visibilidade.
O primeiro grupo que podemos diferenciar localizase sobre unha gran pedra plana de complicado acceso, debido ao desnivel e a irregularidade do terreo. Sitúase a uns 30 metros da pista e a 15 m das primeiras pedras do outeiro, a modo de altar de 3 x 2,5 m, sobresaíndo case 2 m sobre o terreo na parte de abaixo e a nivel na parte superior. Observanse unha serie de rebaixes cuadrados (contabilizamos hasta 15 de diferentes proporciones), ao estilo Carnota, rodeados en algunos casos con líneas perimetrales, que en algúns casos chegan a formar un reticulado irregular. Trátase dunha representación de considerables dimensións (1,55 x 0,70 m). Na misma pedra atópase unha representación idoliforme de 45 x 28 cm.
Na zona superior do outeiro, apreciase outra agrupación de tipoloxía mui diferente á anterior. Neste caso observase unha combinación circular de hasta seis círculos concéntricos cunha cazoleta central, desde a que parecen sair surcos rectilíneos que cortan os círculos como radios. Acompañando a ese motivo central, temos varios rebaixes e cazoletas. Na súas proximidades pódense ver máis combinacións circulares de menor complexidade.
Como chegar
Para acceder aos petróglifos hai que ascender pola ladeira. A distancia ao O Afilladuiro dende Mallou é de 1.800 m; dende Carnota, 3.900 m; dende Lira, 5.100 m e dende Louredo, 8.600 m.
Bibliografía
CERNADAS SANDE, J. (2008): Gravados rupestres nos montes de Carnota. TresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña).
ALONSO ROMERO, F. (2007): “Análisis etnográfico y arqueológico de unha Diosa Madre en el petroglifo del Outeiro do Filladuiro en Mallou (Carnota, A Coruña): Coviñas y círculos”. Anuario Brigantino. Nº 30. pp. 26-56.
VV.AA.: Fichas do Inventario de xacementos do concello de Carnota. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia.
CONCELLO DE CARNOTA (2013): Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Documento previo á aprobación inicial. Tomo V.