Servizo de Normalización Lingüística
A normalización lingüística é un proceso social que os poderes públicos e as administracións temos a responsabilidade de apoiar e promover, co fin de que a nosa lingua propia, o galego, se use con normalidade en todos os ámbitos.
O Concello de Carnota dispón dun Servizo de Normalización Lingüística (SNL) dende o ano 2004, compartido dende 2016 co Concello de Mazaricos.
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) ten como obxectivo principal incrementar o uso e prestixio da lingua galega no termo municipal, mediante a planificación, xestión e avaliación de diferentes accións e medidas, tanto no seo da administración como no conxunto da sociedade.
Dinamización lingüística
Unha das principais funcións do SNL é a de dinamización lingüística, que consiste en planificar, organizar e avaliar actividades diversas encamiñadas a promover o uso da lingua e a súa valoración positiva en todos os ámbitos.
Programa Apego
Formación
O SNL tamén ten como misión responder ás necesidades formativas do persoal da Administración e do conxunto da poboación, mediante a organización e coordinación de cursos de lingua galega, xerais e específicos, e a difusión de materiais e recursos que contribúan a mellorar a súa competencia lingüística.
Asesoramento
O asesoramento lingüístico é outro dos cometidos fundamentais do SNL. Neste ámbito desenvólvense funcións como a información sobre os dereitos lingüísticos da cidadanía, a corrección e tradución de documentación, a resolución de dúbidas lingüísticas ou a posta en marcha de accións dirixidas a fixar criterios lingüísticos e a mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
Contacto
Personal técnico: Luisa Beiro Agulleiro
Primeiro andar da Casa do Concello
981 85 70 32 (ext. 1)