Igualdade e diversidade
Dende o Departamento de Igualdade e Diversidade desenvólvense diferentes actuacións:
Información e asesoramento xurídico á muller:
- Trátase dun servizo público, anónimo e gratuíto, que ofrece información sobre:
- Dereito de familia: separacións, divorcios, pensións alimenticias ou custodias.
- Dereito penal: denuncias, malos tratos ou lesións.
- Xustiza gratuíta e outros aspectos do dereito civil, administrativo ou laboral.
- Atención específica a vítimas de violencia de xénero: tramitación de axudas, etc.
- Calquera outra información encamiñada a promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
- O horario de atención: luns de 10:00 a 12:00 horas.
Campamento Aldea de Verán:
É unha oferta educativa que o Concello ofrece ás familias co fin de conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante o período estival e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa das nenas e nenos que participen nel.
Aldea de Verán é una proposta enriquecedora, con actividades atractivas dende o punto de vista educativo, cultural e convivencial. En todas elas trátanse dun xeito transversal valores como a igualdade, a diversidade, a identidade cultural ou a inclusión.
Actividades de sensibilización:
Ao longo do ano realízanse charlas e actividades de promoción da igualdade e diversidade dirixidas á poboación en xeral e ao alumnado dos centros educativos.
Contacto:
Teléfono: 981 857 032 / Ext.2
correo-e: reyes.quintela@carnota.es