O vindeiro martes, 17 de decembro ás 10:00 h terá lugar unha charla formativa na aula de informática Domus Atlántica de Portocubelo (Lira) para dar a coñecer o funcionamento e as vantaxes da plataforma SUBTEL para a tramitación de axudas e subvencións da Deputación da Coruña.

A través da plataforma SUBTEL podes acceder á sede electrónica para realizar trámites sen ter que te desprazar, a calquera hora do día, os 365 días do ano, garantindo a seguridade do/a cidadán a través de diversos mecanismos para identificarse. Unha vez dentro, a persoa usuaria pode solicitar subvencións e facer e consultas sobre o estado das xestións iniciadas.

Esta actividade estará dirixida preferentemente a asociacións e profesionais que teñan que solicitar calquera subvención á Deputación, as que puideran ter dereito, e deban tramitalas obrigatoriamente a través da plataforma SUBTEL.