O pasado mércores 25 continuaban as xornadas de turismo consciente no Concello de Carnota co grupo de mulleres artistas no campo das artes escénicas, A segunda das catro xornadas que forman parte do proxecto “Unha viaxe sostible para unha vida consciente” iniciativa enmarcada dentro do programa “O teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia.

O grupo de artistas estivo formado por mulleres locais (7 pandereteiras da Solaina que xurden da escola de música de Carnota) e as artistas galegas (Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza González) que teñen desenvolvido o espectáculo As fillas bravas, formado por 3 personaxes femininos que tocan a pandeireta.

As protagonistas desta segunda xornada comezaba o día con un almorzo enerxético na casa da aldea O Fogar do Carpinteiro para logo continuar con unha sesión de pilates. Á hora de xantar, degustaban un menú saudable e asistían a unha charla sobre alimentación consciente. Pola tarde realizaron actividades de danza e movemento ao aire libre e para completar a xornada con unha proposta cultural, visitaron o Bico do Santo e a Fervenza do Ézaro. En ámbolos dous lugares as protagonistas ademais de gozar da paisaxe animaronse a tocar a pandeireta, un auténtico paseo polo sentidos.

Para resumir esta xornada, deixamos un vídeo desta segunda xornada co grupo de mulleres artistas no campo das artes escénicas.