Onte comezaban as xornadas de turismo consciente co grupo de mulleres de máis de 65 anos. A primeira das catro xornadas que forman parte do proxecto “Unha viaxe sostible para unha vida consciente” do Concello de Carnota, iniciativa enmarcada dentro do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia.

O grupo de mulleres de máis de 65 anos, residentes en Carnota, iniciaron esta xornada con un almorzo vegano que tivo lugar na casa da aldea O Fogar do Carpinteiro. Durante a mañá realizaron actividades de relaxación e estiramentos tomando consciencia do corpo e corrixindo malos hábitos posturais. Para repoñer forzas, degustaron un menú saudable e asisitiron a unha charla sobre alimentación consciente.

Pola tarde desplazáronse á Boca do Río para realizar unha sesión de ritmo e movemento combinando disciplinas holísticas, Yoga, Pilates, Chi kung, tai chi con movementos harmoniosos e por último pero non menos importante o grupo, en memoria da tradición popular, escenificou o arte de “quitar o aire”.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo da primeira xornada de turismo consciente co grupo de maiores de 65 anos.