O pasado día 1 de outubro tivo lugar a selección das fotografías que participaron no I Concurso de Fotografía sobre o mar e a pesca tradicional organizado polo Concello de Carnota.
O xurado, formado por tres fotógrafos profesionais e dous representantes do Concello de Carnota, atendendo a criterios de creatividade e calidade técnica, seleccionaron doce (12) obras finalistas das cales resultaron premiadas as seguintes:

1º PREMIO: “Redes”, de Ignacio Hernández
2º PREMIO: “Barcos artesanales”, de Manuel Vidal
3º PREMIO: “Vamos a por ellos”, de Ana Martín

As fotografías que resultaron finalistas e/ou premiadas formarán parte da exposición fotográfica que terá lugar na Lonxa Vella de Lira, en Carnota, durante os días 12 e 13 de outubro durante a I Mostra Internacional de Cinema Documental “MARES da fin do mundo”.

Do mesmo xeito, a entrega de premios terá lugar o 12 de outubro no marco da mostra.