Convocatoria

ORDE do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR670B.

 

Prazo de solicitude

Trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

 

Liñas de axudas

  1. a) Axudas para a creación de superficies forestais con especies de (coníferas)
  2. b) Axudas para a creación de superficies forestais con especies de (frondosas)

 

Tipos de superficies obxecto de axuda:

  1. Poderán ser obxecto de axuda as actuacións naqueles terreos que estean identifi-cados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como fores-tal (FO), pasto con arboredo (PA), ou pasto arbustivo (PR).2.
  2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, e o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e a normativa de desenvolvemento.
  3. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación mais a superficie da área de defensa.
  4. Non se concederá axuda sobre superficies situadas en Rede Natura 2000 con hábi-tats definidos como prioritarios pola Directiva 92/43/CEE.5.
  5. A cualificación urbanística das parcelas que se vaian forestar debe admitir as actua-cións polas que se solicita axuda
  6. Os terreos obxecto de solicitude de axuda, no momento da solicitude de axuda, de-berán ter instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados e as accións solicitadas deben estar previstas nel, ou adhesión aos modelos silvícolas da totalidade do monte, consonte o establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia (procedemento MR627D), e as actuacións solicitadas deberán ser co-herentes co dito modelo.

 

Beneficiarios:

As persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos    obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xes-tores, e non admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

As sociedades de fo-mento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os proindi-visos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común.

Accede ao DOG