Víndemo ver

É unha iniciativa municipal que persegue o obxectivo de dinamizar os diversos sectores económicos e promover os recursos endóxenos, a través da diversificación e a promoción do local. 
Ano tras ano, esta Mostra de promoción local converte Carnota nun dos principais focos de atracción da Costa da Morte durante a Semana Santa. 
O punto neurálxico da Mostra sitúase na praza de San Gregorio de Carnota co “Mercado da Deputación“. Neses días, os visitantes atopan neste evento unha gran variedade de produtos de proximidade, do agro e da horta, mel, marmeladas, xabóns, etc. Todo isto complementados cun amplo abanico de postos de artesanía e creadores locais, onde se poden adquirir pezas únicas de cerámica, cartón-pedra, vidro, tea, madeira e ata xoiería de autor
Ademáis dos espazos destinados a produtos de Proximidade e Artesanía, súmanse unha serie de postos de comida e bebida onde poder degustar produtos elaborados ao aire libre.
A feira está ambientada a comezos do S.XX e a praza do Concello converterase no escenario dun mercado de principios do século pasado. Para axudar a recrear este ambiente os/as asistentes/as poden acurdir caracterizados.
A maiores, dentro da programación do Víndemo Ver, o Concello oferta unha serie de actividades complementarias que van dende obradoiros e actuacións culturais para os máis cativos ata competicións deportivas e concertos.
Normalmente, dentro da programación da Mostra Víndemo Ver, inclúense as seguintes actividades deportivas:

A BTT
No Concello de Carnota somos conscientes de que o ciclismo de montaña é unha maneira saudable de facer deporte e gozar da natureza que cada vez atrae un maior número de participantes. Por esta razón, organizamos anualmente unha proba BTT en Semana Santa. O percorrido faise pola zona de montaña de Carnota e intérnase por sendeiros e pistas cunha gran riqueza paisaxística, cultural e turística. A distancia varía dependendo da edición e pódense elixir dúas versións: a ruta longa ou a curta.

A ANDAINA
Durante as últimas edicións do Víndemo Ver inclúese na programación unha adaina co fin de dar a coñecer a gran riqueza paisaxística e cultural de Carnota dunha forma saudable. O percorrido varía dependendo da edición e a actividade ten unha acollida moi boa.

Vídeo promocional VÍNDEMO VER 2022  

Resumo en imaxes de edicións anteriores