A Laxe Escrita

Lonxitude: 0.8 km.
Dificultade: baixa.
Duración: 30  minutos.
Punto de partida: Praza de S.Gregorio

Punto de chegada: Laxa Escrita
.

Iniciaremos a ruta na Praza do Concello, onde se encontra a Casa Consistorial (construída a principios do S.XX por unha institución cultural cubana para escola municipal).

Imos por unha pista que sube dende o pavillón polideportivo de Carnota á man esquerda, aos quince minutos iniciamos o ascenso e atopamos á media ladeira do monto, con un penedo plano a rentes do chan.

Alí atoparemos as figuras que forman un gran conxunto, contando máis de 20 na mesma superficie. Atopámonos xa na Laxa Escrita, a máis coñecida e importante estación de petroglifos de Carnota. Alí veremos unha fermosa vista panorámica de toda a costa carnotana.