Onte tivo lugar o I Encontro de técnicos/as de turismo da Costa da Morte e Ría de Muros-Noia en Carnota. Cada vez son máis os concellos que apostan polo turismo e que contan con persoal técnico durante todo o ano. Por eso, dende xa fai un tempo os técnicos e técnicas de turismo vían necesario realizar este tipo de encontros co fin de, por un lado, dar a coñecer os recursos turísticos locais entre os/as responsables de turismo doutros concellos da zona e por outro lado, compartir inquietudes e experiencias.

Asistiron un total de 12 persoas. Non faltaron á cita os técnicos/as de Dumbría, Carballo, Fisterra, Zas, Coristanco, Muros, Serra de Outes e Porto do Son.

“Non se trata dunha xornada teórica, se non de coñecer o territorio de primeira man e de interactuar entre nós para que poidan xurdir ideas e proxectos de interese para o territorio” comenta María Lago, a técnica de turismo do Concello de Carnota.

Os/as asistentes puideron visitar as instalacións do Faro de Lariño e realizar un tramo da ruta “Andar o Mar” salpicada de restos de construcións vinculadas ao mar como casetas de pescadores, antigas fábricas de salgadura e outras máis actuais como a piscifactoría de Lira ou antigas fábricas de conserva.

Para rematar, o grupo fixo unha visita a recén estreada “caseta de Pede do Cuco”, unha antiga caseta de pescadores restaurada e musealizada, a cal se pode acceder a través dun código Qr. No seu interior, varias persoas de Lira falan sobre a evolución do sector pesqueiro na zona.

A xornada concluía cun xantar onde os/as ténicos/as puideron intercambiar sensación e opinións.

O encontro serviu así de antecedente para que outros concellos poidan darlle continuidade a esta iniciativa e seguir creando sinerxías.

Hotel Faro de Lariño
Caseta de Pepe do Cuco
Interior da caseta musealizada de Pepe do Cuco