A 6ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento que impulsa a Universidade Sénior da Universidade da Coruña coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co GDR “Costa da Morte” e máis o Concello de Zas está dirixido ás persoas maiores de 50 anos das comarcas da Costa da Morte e será desenvolvido en Baio (Zas) nos meses de febreiro a abril de 2024:

A inscrición é gratuíta e poderase realizar de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos, dende o 1 ata o 14 de febreiro.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I. PATRIMONIO E SOCIEDADE
19 de febreiro “O imaxinario social da natureza e os seus desastres” – Prof. Elvira Santiago Gómez
27 de febreiro, de 17 a 19, “A moda a través da historia” – Prof. Elvira Lezcano González
29 de febreiro, de 17 a 19, “Zas: Unha cidade e unha historia” – Prof. Miguel Abelleira Doldán
1 de marzo, Visita Cultural á Coruña – Prof. Miguel Abelleira Doldán

MÓDULO II. CIENCIA E TECNOLOXÍA
4 de marzo, “I+D e Innovación en Galicia”  -Prof. Alfonso Bravo Juega
5 de marzo, “Situarse no mar: o ceo como guía” – Prof. Alsira Salgado Don
11 de marzo, “Ciencia con datos” – Prof. Salvador Naya Fernández
12 de marzo, Saída de Campo á Casa das Ciencias (Planetario)  – Prof. Alsira Salgado Don

MÓDULO III. SAÚDE E BENESTAR
18 de marzo, “Factores de risco de demencia” – Prof. J. Luis Rodríguez-Villamil Fernández
19 de marzo, “Que e o edadismo? Reflexionando para acadar unha sociedade inclusiva – Prof. Raquel Veiga Seijo
1 de abril, “Augas termais e Saúde” – Prof. Rosa Meijide Faílde
2 / 3 de abril, Saída de Campo ao Balneario de Carballo Prof. Rosa Meijide Faílde

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, ca intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.