Durante os meses de outubro, novembro e decembro o Concello de Carnota organiza as seguintes rutas por Carnota:

SENDA VERDE & SENDA AZUL
• Data: 22 de outubro.
• Ruta circular: con inicio e fin na antiga escola unitaria de Lariño.
• Hora de saída: 9:30 am
• Itinerario: A Gándara – Senda Verde – Martiaño – Lira – Hórreo de Lira – Mar de Lira – Praia de Lariño – Á Gándara.
• Distancia: 17 km

O PINDO & QUILMAS
• Data: 19 de novembro.
• Ruta circular: con inicio e fin no porto do Pindo.
• Hora de saída: 9:30 am
• Itinerario: Porto do Pindo – Onde se Adora – Porto de Quilmas – O Pindo – Porto do Pindo Concello de Carnota
• Distancia: 12 km

CARNOTA E SAN MAMEDE
• Data: 3 de decembro
• Ruta circular: Carnota – Senda Verde – San Mamede – Pedrafigueira – Nóutigos – Carnota.
• Hora de saída: 9:30 am
• Itinerario: Carnota – Laxe Escrita- Senda Verde – inmediacións de Bico do Santo- Nóutigos
• Distancia: 10 km

As inscricións serán de balde e formalizaranse cubrindo o seguinte formulario online ata o xoves antes de cada ruta.