No mes de outubro a Axencia de Lectura Municipal de Carnota programa dous espectáculos dirixidos a público familiar, recomendados a partir dos 3 anos, no marco do programa de dinamización lectora Ler Conta Moito.

 

Historias de bicharracos |Bicharracos Teatro

Espectáculo teatral para público infantil e familiar que integra impro, mimo, música, contos e moito máis!

Data: sábado, 7 de outubro

Hora: 17:00 h

Duración: 50 minutos

Lugar: salón de actos do Concello de Carnota.

Xeado de lúa |Títeres Cachirulo

Espectáculo de monicreques para público infantil e familiar. Unha aventura extraordinaria ao pé dun carballo milenario.

Data: sábado, 21 de outubro

Hora: 17:00

Duración: 50 minutos

Lugar: salón de actos do Concello de Carnota

Estas actividades están financiadas pola Xunta de Galicia ao abeiro do programa Ler Conta Moito.

A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do local.