1. Liñas de financiamento dirixidas a inxectar liquidez inmediata a pemes e autónomos polo COVID-19

Liña de créditos avalados IGAPE (Xunta de Galicia) para apoiar ás pemes e autónomos no contexto do actual brote de COVID-19 (IG257):

A resolución do 31 de marzo de 2020 (DOG, nº 64 do 1/04/2020) modifica as bases reguladoras da liña de garantías 2020 que impulsa o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), co obxecto de favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as pemes e autónomos cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote de COVID-19.

Condicións e información desglosada en: ? http://ow.ly/p4j950z4lPQ
 

Portal web da Consellería de Emprego, Economía e Industria con información específica sobre a actividade económica e laboral en Galicia (programas de axudas aprobados e as medidas en materia de emprego e seguridade e saúde laboral).

Liña de avais do Real decreto-lei 8/2020 (17/03/2020) ICO (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital):

As condicións e requisitos para acceder ao primeiro tramo de avais  outorgados polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, aprobadas o 24 de marzo, están dirixidas a tódolos sectores de actividade, que teñen o seu domicilio social en España e que foron afectados polos efectos económicos do COVID-19, para atender novos préstamos e outras necesidades de financiamento derivadas, entre outros, de pagos de salarios, facturas, necesidad de circulante ou outras necesidades de liquidez, incluíndo as derivadas de vencementos de obrigas financieiras ou tributarias. 

O financiamento garantido non se pode aplicar á cancelación ou amortización anticipada de débedas preexistentes.

No caso de autónomos e pemes, garante o 80% do principal das novas operacións de financiamento e renovacións. Para o resto de empresas, que non se consideran pemes, a garantía cubrirá o 70% no caso de novas operacións de préstamo e o 60% para as renovacións. Prazo de vixencia do aval: 5 anos

TRAMITACIÓN: directamente nas entidades bancarias.

MÁIS INFORMACIÓNwww.ico.es/web/ico/linea-avales

2. Tramitación da prestación extraordinaria de cese temporal de actividade para autónomos/as por mor das medidas do Estado de Alarma

O acceso á medida CESE DA ACTIVIDADE para os autónomos/as que queden afectados polo peche ou redución da actividade por mor do coronavirus (COVID-19) contida no art. 17 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, ten as seguintes características:

Requisitos:
  • Estar afiliado e de alta na Seguridad Social na data da declaración do estado de alarma.
  • Estar ao corrente dos pagos e obrigas coa Seguridade Social. Se non, darase un prazo dun mes para poñerse ao corrente.
  • Que a actividade estea suspendida ou a facturación se teña  reducido nun 75% respecto ao semestre anterior.
    Non é necesario ter cotizado previamente 
    por cese de actividade, nin ter alcanzado o período mínimo necesario para ter dereito á axuda.
  • NON DARSE DE BAIXA na actividade nin en autónomos.

Contía e duración:

70% da base reguladora ata que se levante o estado de alarma.

Tramitación:

  • Se tes as continxencias comúns e as profesionais cunha mutua, deberás de tramitalo coa propia mutua. Ou co ISM no caso de traballadores/as do mar
  • Se tes as continxencias profesionais cunha entidade xestora da seguridade social, deberás de tramitalo co SEPE.
  • Haberá que cubrir un formulario e xuntar DNI e número de conta bancaria e no caso de descenso de ingresos, os xustificantes deste descenso.

Notas: A Tesourería da Seguridade Social devolverá a cota de autónomos de marzo se lle foi ingresada antes de ter recoñecida a prestación por cese de actividade. A percepción será incompatible con outra prestación do sistema de Seguridade Social.

3. Expedientes reguladores temporais de emprego (ERTE) por mor do COVID-19:

As empresas/autónomos afectados polo Estado de Alarma decretado por coronavirus poden acceder ás seguintes medidas de Expedientes de Regulación Temporal do Emprego (ERTE) do seu persoal traballador aínda que se teña un só traballador/a:

As empresas poden acudir a ERTE por forza maior cando:
  • Experimente perdas de actividade como consecuencia do COVID-19 que impliquen suspensión ou cancelación de actividades.
  • a súa actividade se atope recollida expresamente no Real Decreto 463/2020.
  • Cando debido ao contaxio do seu persoal ou ás medidas de illamento impostas pola autoridade sanitaria se atopen nunha situación urxente e extraordinaria.
  • se vexan obrigadas a suspender a súa actividade como consecuencia do peche temporal de locais de afluencia pública, restricións no transporte (público, de persoas, de mercadorías) ou falta de subministracións que impidan a actividade, sempre que sexan motivadas polo COVID-19.
  • Non poidan continuar a súa actividade a causa de decisións das administracións públicas vinculadas co COVID-19

A empresa que considera que concorren causas de forza maior distintas ás anteriores, deberá acreditar e xustificar ditas causas na memoria de presentación do ERTE, as cales serán valoradas pola autoridade laboral.

O ERTE pode supoñer suspensións temporais de contratos e/ou redución temporal da xornada de traballo de parte ou de todo o persoal que desenvolva actividades afectadas por causa de forza maior.

A empresa deberá informar do ERTE por forza maior á autoridade laboral e á representación dos seus traballadores/as. Cando sexa centro de traballo radicado nunha provincia a autoridade laboral será a Xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, si a empresa ten centros en diferentes provincia deberá informar á Secretaría Xeral de Emprego da Consellería, se ten centros en diferentes comunidades autónomos deberá informar e tramitar no Ministerio. En 5 días terá resposta da autoridade laboral sobre si considera ou non de forza maior o ERTE. 

As empresas que a 29 de febreiro tivesen menos de 50 persoas traballadoras quedan completamente exoneradas do pago da cota empresarial á Seguridade Social do persoal traballador afectado por ERTE de forza maior, mentres que nas empresas con 50 ou máis persoas traballadoras a exoneración acada o 75% da cota empresarial. En calquera caso, a exoneración non é automática e debe ser solicitada pola empresa.

Todas as persoas incluídas nun ERTE relacionado co COVID-19 teñen dereito ao recoñecemento da prestación por desemprego e o tempo de percepción non computa a efectos de consumir os períodos máximos de prestación. Cobrarase unha prestación do 70% da base de cotización calculada nos últimos 180 dias cotizados. A tramitación desta prestación É OBRIGA DA EMPRESA.

As empresas con ERTE de forza maior ten a OBRIGA de incorporar ao persoal afectado polo ERTE en canto se levante as medidas de estado de alarma e durante, polo menos 6 meses deberán incorporarse co mesmo tipo de traballo e condicións.

A autoridade laboral revisará os ERTE é poderá sancionar as infraccións que se detecten que poden tamén incorrer en delito penal.

TRAMITACIÓN

Procedemento de tramitación para empresas galegas con actividade nesta comunidade autónoma https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR820C

No caso de que unha empresa presenta un ERTE por forza maior e a autoridade laboral considera que debe ser por causas produtivas, a empresa poderá presentar un ERTE por causas productivas seguindo os seguintes pasos: