O pasado venres finalizaban as xornadas de turismo consciente no Concello de Carnota co grupo de surf, a última das xornadas que forman parte do proxecto “Unha viaxe sostible para unha vida consciente” iniciativa enmarcada dentro do programa “O teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia.

A xornada comezaba ao igual que as anteriores con un almorzo enerxético na casa da aldea O Fogar do Carpinteiro para logo continuar con unha sesión de pilates. Á hora de xantar, degustaban un menú saudable e asistían a unha charla sobre alimentación consciente. Pola tarde realizaron unha actividade para cultivar corpo, alma e mente nas praias de Ardeleiro e Lariño.

Deixámosvos un vídeo resumindo esta última xornada