A violencia machista volveu na súa máis crúa expresión onte en Valga e, dende o Concello de Carnota queremos mostrar a nosa máis enérxica condena por este triplo asasinato, así como o “verán negro” que está por rematar. Por este motivo, os/as traballadores/as do Concello, así como a corporación municipal concentráronse na porta da casa consistorial ás 13:00 h para gardar un minuto de silencio en sinal de condolencia e apoio.

Do dolo á protesta

Ademais, o Concello de Carnota apoia e convida ás mobilizacións convocadas polo colectivo de mulleres feministas “Sonlilá” inscritas na Marcha Mundial das Mulleres. Un colectivo que comeza a súa singladura coa organización en Carnota das convocatorias oficiais a nivel estatal da plataforma Emergencia Feminista:

Mércores 18 ás 20h: Concentración #AlertaFeminista polo triple feminicidio en Valga, na Praza de Abaixo (fronte o Miramar).

Venres 20, ás 20:30 h: Manifestación nocturna co lema “A noite será violeta” a que xa van máis de 200 cidades españolas en protesta pola gran cantidade de agresións e mortes pola violencia machista desde verán. Na praza de abaixo (fronte o Miramar)