Se estás interesado en traballar e formarte nun Obradoiro de Emprego, podes facelo no Obradoiro de Emprego conxunto dos concellos de Muros e Carnota “FONTIÑAS XUVENIL”
O número de alumnos/as conxunto traballadores/as será de 16.
Poderán ser beneficiarias do proxecto as persoas que teñan solicitado na Oficina de Emprego o código de Obradoiros de Emprego e teñan menos de 30 anos .
Especialidades:
Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais.
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.
Se estás interesado, apúntate xa na Oficina de Emprego, quedan poucos días para iniciar a selección.
Para calquera información adicional sobre o tema podes chamar ao Concello de Carnota no seguinte teléfono 981857032.