Igualdad y diversidad

Dende o Departamento de Igualdade e Diversidade desenvólvense diferentes actuacións:

 

Información e asesoramento xurídico á muller:

  • Trátase dun servizo público, anónimo e gratuíto, que ofrece información sobre:
  • Dereito de familia: separacións, divorcios, pensións alimenticias ou custodias.
  • Dereito penal: denuncias, malos tratos ou lesións.
  • Xustiza gratuíta e outros aspectos do dereito civil, administrativo ou laboral.
  • Atención específica a vítimas de violencia de xénero: tramitación de axudas, etc.
  • Calquera outra información encamiñada a promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  • O horario de atención: luns de 10:00 a 12:00 horas.

 

Campamento Aldea de Verán:

É unha oferta educativa que o Concello ofrece ás familias co fin de conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante o período estival e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa das nenas e nenos que participen nel.

Aldea de Verán é una proposta enriquecedora, con actividades atractivas dende o punto de vista educativo, cultural e convivencial. En todas elas trátanse dun xeito transversal valores como a igualdade, a diversidade, a identidade cultural ou a inclusión.

 

Actividades de sensibilización:

Ao longo do ano realízanse charlas e actividades de promoción da igualdade e diversidade dirixidas á poboación en xeral e ao alumnado dos centros educativos.