Alcaldía

Benvidos a todos e a todas,

A efectos de dar a coñecer mellor o noso territorio e facilitar a cidadanía e visitantes outras vías de comunicación co Concello créase este portal web. É importante para nós que o Concello sexa accesible para todos e todas.

Esta web configura unha ferramenta útil, na cal as persoas usuarias poden atopar toda a información relativa ao noso municipio. Por exemplo coñecer a ampla e variada oferta de actividades culturais e deportivas, as ofertas de emprego, acceder a procedementos e trámites a través da sede electrónica, acceder ao portal de transparencia, á información turística ou estar ao día das novas e anuncios de interese.

Para todos aqueles e aquelas que aínda non coñecedes o noso concello, permitídeme decirvos que Carnota é un deses lugares que soen quedar grabados na retina. O LIC formado polo impoñente Monte Pindo e a Praia de Carnota configura unha das paisaxes máis impactantes de toda a Costa da Morte. A súa ubicación xeográfica fai que podamos gozar en apenas uns metros de praias paradísiacas e montes graníticos de maxestuosa beleza. Por todo o anterior, aprobeito para invitarvos a vir e coñecer Carnota de primeira man.

Conclúo espresando que o meu compromiso como Alcalde é por en valor toda a nosa riqueza e a nosa cultura e optimizar os recursos para que o Concello de Carnota non sexa só un referente turístico da Costa da Morte e de Galicia, senon que sexa tamén o lugar elexido para vivir.

Carnota é túa.

Moitas grazas

O alcalde  

Juan Manuel Saborido Rama