O Concello de Carnota pon en marcha o servizo de Técnica de Guía, Información e Asistencia Turística, dentro do Programa de contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) 2026. O programa está regulado pola Orde do 22 de maio de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia (procedemento TR350E), que apoia a contratación de persoas mozas en colaboración coas entidades locais.
A nova Técnica reforzará o servizo municipal de turismo. As súas funcións principais son: Atención turística na caseta de información, guía e acompañamento en rutas e tarefas de difusión e coordinación.
Con esta contratación, o Concello persegue como obxectivos e resultados: mellorar a atención e a información ás persoas visitantes e a calidade da oferta turística do municipio; dar a coñecer e protexer o patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico de Carnota; impulsar o turismo como motor económico local; facilitar a primeira experiencia laboral cualificada a unha persoa moza, en liña coa súa formación.
Como resultados previstos, o servizo ofrecerá atención turística, un programa de visitas guiadas e rutas, e información turística máis actualizada na web e nas redes.
Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) / Iniciativa de Emprego Xuvenil e conta co apoio da Xunta de Galicia.
