O Concello de Carnota abre o prazo de inscrición para o campamento de conciliación Concilia Nadal, que se desenvolverá durante as vacacións escolares de Nadal.
O prazo de inscrición estará aberto do 9 ao 13 de novembro ata as 14:00 horas. As persoas interesadas poden consultar as bases e presentar a súa solicitude, preferentemente de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello. Tamén é posible facelo de maneira presencial no rexistro municipal.
Para máis información, pódese contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carnota.
