Un mes para a celebración da XI Mostra de Promoción Local Víndemo Ver-Mercado da Deputación, que terá lugar os días 28, 29, 30 e 31 de marzo.

Un ano máis a praza de San Gregorio de Carnota acollerá unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores locais dentro do “Mercado da Deputación”.
Ademais destes espazos, distribuiranse pola praza diferentes postos de comida e bebida para degustar ao aire libre.

O evento contará tamén cunha ampla oferta de actividades paralelas como:

A XI BTT. Será o venres 29 de marzo e a saída farase ás 09:30 dende o pavillón de Carnota e haberá 2 percorridos, un longo e outro curto.
Nesa mesma mañá e paralela a BTT, organizarase unha xincana para a rapazada, coas súas propias bicicletas, no pavillón de Carnota, de 11:00 a 13:00. Para esta última actividade non é necesaria inscrición previa. As idades recomendadas para participar son de 5 a 12 anos e é obrigatorio o uso do casco.

Como xa ven sendo habitual tamén está incluída na programación unha andaina temática que este ano será a ruta “Andar ao mar” que vai dende o faro de Lariño ata Carnota. O sábado 30 terá lugar a saída, ás 09:30, dende a praza San Gregorio de Carnota. O traslado ao inicio da ruta realizarase en bus e no transcurso da ruta poderemos ver distintos exemplares de arquitectura popular vinculada á pesca e procesado da sardiña do século XX como os restos de antigas fábricas de salgadura. Será unha ruta lineal de arredor 9 km.

E un sin fin actividades lúdicas para a rapazada xogos tradicionais, obradoiros, etc.
Tamén haberá actuacións culturais e música tradicional amenizando o ambiente da man da banda de gaitas Longarela, Ximiela e da Agrupación musical de Chan de Lamas.
Para amenizar as noites concertos todos os días.

Os asistentes/as poderán tamén visitar durante os catro días as seguintes exposicións na carpa grande, no posto do Concello de Carnota-Deputación da Coruña:

• Exposición de aparellos de labranza do S.XX “Debullando na memoria de Carnota”.