Xa está aberto o prazo de inscrición da XI Ruta BTT do Concello de Carnota, a ruta cicloturística non competitiva que forma parte da programación do Víndemo Ver. A décima primeira edición terá lugar o venres 29 de marzo, con saída da ruta ás 09:30 dende o pavillón de Carnota.

Propóñense dous percorridos, unha ruta longa de 48km e outra curta de 35km, ámbalas dúas circulares con chegada e saída dende o pavillón de Carnota. O horario da apertura das mesas para a recollida de dorsais será a partir das 08:00 h no mesmo lugar que a saída e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do inicio da ruta.

As inscricións realizaranse a través da páxina web https://cronotec.es/  ata o martes 26 de marzo ás 23:59 horas cun custo de 10€ para todas as persoas asistentes.

A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna, segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo está dispoñible ademáis en www.galitiming.com e no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.

Paralela a XI Ruta BTT, organízase a III Xincana de bicicletas infantil. Estará instalada no pavillón de Carnota dende ás 11:00h ata ás 13:00 h e na que a idade recomendada para participar é de 5 a 12 anos. Non esquezades traer a vosa propia bicicleta e o voso casco.