A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade acaba de aprobar o desenvolvemento do Obradoiro Dual de Emprego, promovido polos concellos de Muros e Carnota, denominado “Fonte das Forcadas”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de 12 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Especialidades:
- Traballos de carpintería e moble código MAMD0209 (10 alumnos/as).
- Aproveitamentos forestais código AGAR0108 (10 alumnos/as).
A data prevista de inicio do obradoiro é o 6 de novembro de 2023. As persoas interesadas deberán solicitalo de forma presencial na Oficina de Emprego de Cee (con cita previa) ou a través da web https://emprego.xunta.gal -> Oficina virtual -> Obradoiros de emprego.
A data límite para efectuar a solicitude será o 18 de outubro ata as 14 horas.
Para máis información chamar ó teléfono do Concello: 981857032