O vindeio venres 27 de outubro celebraremos o MAGOSTO en Carnota por todo o alto. Será no pavillón de Lamas de Castelo a partir das 17:00h. Comezaremos cun obradoiro de cabazas onde os cativos/as poderán decorar a súa propia cabaza. Cada neno/a terá que traer a súa e unha vez decorada poderán levala para os seus fogares ou cedela para formar parte da decoración de Samaín do Concello. Tamén haberá de 17:00 a 20:00h. xogos tradicionais, chocolate con churros e como non, castañas asadas!!

Estades todxs convidadxs!!

A actividade é de carácter familiar polo que podedes vir acompañadxs.