Outubro chega á Axencia de Lectura Municipal de Carnota cunha axenda repleta de actividades para público infantil e familiar. Tardes de contos, música e teatro para gozar en familia.
Para participar cómpre inscribirse na Biblioteca, por teléfono (981106331) ou por correo electrónico (cultura@carnota.gal), indicando nome e apelidos das persoas que asistirán, un teléfono de contacto e a idade das crianzas.
Venres 7: Contos musicados (Bolboreta)
Sesión de cantacontos dinamizado pola pedagoga musical Lydia Botana, Bolboreta, para nenas e nenos a partir dos 3 anos.
Hora: 17:00
Duración: 45 minutos
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota.
Venres 14: Trispilistriñas. Contos para bebés (Pavís Pavós)
Sesión de contos, cantos, xogos, arrolos e ladaíñas para bebés e familias, especialmente recomendada para crianzas de 0 a 3 anos.
Hora: 17:00
Duración: 35 minutos
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota
Sábado 22: As historias de Bemol Pequeno (Música Miúda)
Espectáculo musical para público infantil e familiar da man de Música Miúda, recomendado para nenas e nenos a partir de 3 anos.
Hora: 17:00
Duración: 50 minutos
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota
Martes 25: Zapatos (Caramuxo Teatro)
Espectáculo teatral que recupera as historias que levan dentro todos eses zapatos que xa non teñen dono, dirixido a familias con crianzas de 1 a 4. Espectáculo recomendado pola Rede Nacional de Teatros.
Hora:
1º pase (crianzas de 1 e 2 anos): 17:30
2º pase (crianzas de 3 e 4 anos): 18:30
Duración: 30 minutos
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota
Todas as actividades están financiadas pola Xunta de Galicia, a través do programa Ler Conta Moito e do Xacobeo 21-22.