O Concello de Carnota incluiu dentro da programación cultural deste verán unha actuación teatral que terá como escenario o emblemático hórreo de Carnota.

Fran Rei e Pedro Brandariz, dous grandes actores galegos, adaptan o seu show “O gordo e o calvo 20 anos dispois” a Carnota. Representarán unha obra de teatro con diálogos exclusivos sobre Carnota e os seus hórreos en clave cómica co fin de que todo aquel/a que se achegue poida pasar un bo rato.

A actuación levarase a cabo o próximo venres 30 de xullo e o venres 13 de agosto ás 21:00h nas inmediacións do hórreo de Carnota. Será ao aire libre sempre que a climatoloxía o permita, sentados e gardando as distancias e medidas de prevención sanitarias pertinentes.

Para poder acceder é necesario reservar praza previamente no teléfono 647459445 ou no correo cultura@carnota.gal.

O espectáculo é de balde pero con aforo limitado. Non quedes sen praza!!