O Concello de Carnota convocou un proceso de selección de persoal co fin de efectuar contratacións laborais temporais para desempeñar as funcións de peón/peoa de limpeza de praias (15 prazas) no ano 2021.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo terán de prazo cinco (5) días hábiles para efectuar a solicitude. O prazo remata o vindeiro mércores día 2 de xuño.

As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e na paxina web municipal e poderase presentar a solicitude de conformidade co establecido nas referidas bases, ben a través da propia sede electrónica ou presencialmente, nas oficinas xerais do Concello.

O programa MA100, de subvencións para a limpeza de praias marítimas, dirixido aos concellos da Provincia da Coruña, durante o exercicio 2021, está financiado ao 100% pola Excelentísima Deputación da Coruña.