Os próximos 26 e 27 de xuño estreamos Orballo Cultural con música ao vivo en Carnota. A cita terá lugar en Portocubelo, na parroquia de Lira.

O evento contará cun elenco de artistas da talla de MClan e Apart para o sábado 26 de xuño á noite e Monoulious DOP e The Rapants serán os encargados de amenizar a sesión vermú do domingo 27 de xuño. A este último grupo muradán témoslle especial apego, xa que os seus compoñentes son ou foron alumnos da ESMU de Carnota moitos anos, e é para nós un orgullo ver como triunfan no mundo da música.

O evento contará ademais cun posto de artesanía con traballos de artesáns locais, un posto de gastronomía con producto local e a pintura dun cadro en directo.

O acceso ao evento realizarase únicamente con entrada que estarán á venda a partir das 12:00h deste mércores en www.woutick.es

O evento contará cas medidas de seguridade e protocolos Covid-19 pertinentes.