A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha unha nova edición do programa “Xuventur”.

Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana, que sirve tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

“Xuventur” é un programa gratuíto que está dirixido á xente nova empadroada en Galicia que teña entre 18 e 35 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais da nosa Comunidade Autónoma.

O prazo de inscrición esta aberto dende o 23 de setembro e as acitividades levaranse a cabo durante os meses de outubro e novembro, cunha oferta total próxima ás 600 prazas.

Carnota é o lugar elexido para a realización do programa número 5 “CAMIÑOS NATURAIS, CAMIÑOS VITAIS”
O programa de actividades que terá lugar en Carnota desenvolverase do 1 ao 3 de novembro, do 8 ao 10 de novembro, do 15 ao 17 de novembro e do 22 ao 24 de novembro (de venres a domingo).
As actividades consistiran en dinámicas de presentación e coñecemento, sendeirismo polo Monte Pindo, cascada do Ézaro e Xallas, Lego Serious play, dinámica de liderado a través do xogo, xornada de limpeza de plásticos e lixo na praia.
Os participantes aloxaranse na pensión O Prouso.

Para máis información descarga o programa completo ou en: www.xuventude.xunta.es