O Concello convoca un novo Curso de Monitor/a de Tempo Libre cun total 350 horas de formación (200h teóricas e 150h de prácticas).

O curso, impartido por Fesan, terá lugar entre os meses de outubro, novembro e decembro no salón de actos do Concello os sábados (en horario de mañá e tarde) e os domingos de mañá.

Á finalización do curso o alumnado obterá os títulos de Monitor/a de Tempo libre e de Manipulador/a de Alimentos, homologados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Requisitos de participación: ter 18 anos cumpridos e título de graduado en ESO ou similar.

PREZO DO CURSO: taxa xeral de 250€ e de 225€ para os participantes empadroados no Concello de Carnota.

INSCRICIÓNS: até o 25 de setembro, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello, ben chamando aos números 981 75 80 32 (ext. 4) ou 647 45 94 45, ben no enderezo electrónico cultura@carnota.gal