Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Un berce cheo de contos (con inscrición previa)

6 September 2019 @ 5:30 pm - 6:30 pm

Free

Sesión de contos con música para familias con crianzas de 6 meses a 3 anos, da man de Bea Campos, de Migallas Teatro.

Esta actividade, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello, enmárcase no programa Apego (http://apego.gal/) , unha iniciativa colaborativa dirixida favorecer a transmisión do galego como lingua inicial e a tecer redes coas familias, proporcionarlles espazos de relación e de intercambio de experiencias favorables para o uso do galego e achegarlles recursos diversos que favorezan e apoien a crianza no noso idioma.

Inscricións

As prazas son limitadas (máximo 25 nenos/as acompañados de ata 2 persoas adultas) e para participar cómpre realizar unha inscrición previa no SNL (981 106 331 | cultura@carnota.gal).

O prazo de inscrición remata o 5 de setembro ás 14:00 h.

Details

Date:
6 September 2019
Time:
5:30 pm - 6:30 pm
Cost:
Free
Event Tags:
, , , ,

Venue

Salón de actos Concello de Carnota
Praza San Gregorio, 19
Carnota,
+ Google Map