Dende a área de Servizos Sociais municipal estas son as liñas de actuación e protocolos activados:
1. Seguemento das familias vulnerables:
Seguemento e liña directa telefónica coas traballadoras sociais municipais por se precisan algún tipo de axuda ou actuación.
2. Activación Protocolo co Sergas:
Que ten por obxecto dar a cobertura de necesidades dos/as posibles contaxiados/as que carezan de redes de apoio.
O personal técnico do Departamento de Servizos Sociais está a levar a cabo a sua tarefa dende os seus domicilios, de maneira telemática e en contacto directo vía telefónica coas persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), así como atender calquera outra necesidade que se expoña e que se poida solucionar, tendo en conta as circunstancias especiais que vivimos.
3. Activación de atención telefónica para o reparto domiciliario de medicamentos e alimentación:
Dirixido a aquelas persoas que vivan soas con mobilidade reducida, vulnerables e perfil de risco.
As entregas a domicilio levanse a cabo a través de persoal de Protección Civil, Policía Local e dos Servizos Sociais do Concello.
Os seguintes números de teléfono ponse a disposición de solicitantes e veciñanza que teña coñecemento dalgún caso.

Fronte ao coronavirus protéxete e protéxenos:
#nacasa Recomendacións
(premer no texto e/ou imaxe)

Manter hábitos saudables de alimentación e exercicio físico
Promover o benestar emocional na situación de emerxencia sanitaria por COVID-19
Ademais, recomendamos o seguinte documento elaborado polo Servizo Galego de Saúde con PAUTAS DE AFRONTAMENTO PARA REDUCIR O IMPACTO PSICOLÓXICO DO CONFINAMENTO POR CORONAVIRUS [VER DOCUMENTO COMPLETO]
Teléfono social (Xunta) 900 400 800: asistencia telefónica a aquelas persoas que se sintan soas, de xeito preferente a persoas maiores
Se necesitas apoio emocional ou acompañamento podes chamar dende as 8:00 ata as 20:00 horas todos os días da semana.
Confinamento e violencia de xénero
Nesta situación de estado de alarma, coas dificultades engadidas que trae o illamento nos fogares, as mulleres que poidan estar a sofrer violencia de xénero non están soas. As accións de prevención e resposta seguen en marcha, especialmente se trátanse de situacións de emerxencia.
Teléfonos de atención:
- 900 400 273 (de 8:00 a 22:00 h)
- 016 ( 24h)
WhatsApp apoio emocional inmediato:
- 682 916 136
- 682 508 507
Correo electrónico: 016-online@mscbs.es
En situación de emerxencia:
- 112 para que acudan as Forzas e Corpos de Seguridade.
- Policía Local de Carnota: 617 444 740 e 666 113 344.
- Garda Civil: 062






