1. Seguemento das familias vulnerables:

Seguemento e liña directa telefónica coas traballadoras sociais municipais por se precisan algún tipo de axuda ou actuación.

2. Activación Protocolo co Sergas:

Que ten por obxecto dar a cobertura de necesidades dos/as posibles contaxiados/as que carezan de redes de apoio. 

O personal técnico do Departamento de Servizos Sociais está a levar a cabo a sua tarefa dende os seus domicilios, de maneira telemática e en contacto directo vía telefónica coas persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), así como atender calquera outra necesidade que se expoña e que se poida solucionar, tendo en conta as circunstancias especiais que vivimos.

3. Activación de atención telefónica para o reparto domiciliario de medicamentos e alimentación:

Dirixido a aquelas persoas que vivan soas con mobilidade reducida, vulnerables e perfil de risco.

As entregas a domicilio levanse a cabo a través de persoal de Protección Civil, Policía Local e dos Servizos Sociais do Concello.

Os seguintes números de teléfono ponse a disposición de solicitantes e veciñanza que teña coñecemento dalgún caso.

Fronte ao coronavirus protéxete e protéxenos:

#nacasa Recomendacións

(premer no texto e/ou imaxe)

Promover o benestar emocional na situación de emerxencia sanitaria por COVID-19

Ademais, recomendamos o seguinte documento elaborado polo Servizo Galego de Saúde con PAUTAS DE AFRONTAMENTO PARA REDUCIR O IMPACTO PSICOLÓXICO DO CONFINAMENTO POR CORONAVIRUS [VER DOCUMENTO COMPLETO]