Ruta praia de Carnota

Lonxitude: 1.8 km.
Dificultade: baixa.
Duración: 2 h.
Punto de partida
: Oficina de turismo do Concello. 
Punto de chegada
: Caldebarcos.

Esta ruta ofértanos dúas opcións; unha cara Maceiras e outra cara Caldebarcos ao chegar o areal de Carnota.

Para realizar calquera destas dúas opcións, hai que ter en conta o horario das mareas, posto que en marea chea é moi difícil o tránsito por estas zonas, sobre todo para pasar a Boca do Río.

Dende a Praza de Galicia de Carnota imos cara a praia por un camiño asfaltado, e logo de 1.8 Km chegamos á pasarela de madeira; atopámonos nun espazo natural protexido rico en vida por ser unha zona de intercambio entre mar e terra, e de equilibrio moi fráxil. Ao final da pasarela chegaremos ata a beira do mar (chamado o “tombo” nesta zona).

Se tomamos dirección á dereita, mirando ao mar, atopamos a zona das marismas e dunas, con cantidade de especies animais e vexetais, que podemos observar mirando cara o Norte, o Monte Pindo e o seu cumio, A Moa.

Camiñamos por area aproximadamente 3 km (pasando por a Boca do Río) ata chegar ao noso destino, Punta de Caldebarcos.

Se tomamos dirección á esquerda mirando ao mar, atopamos a zona intermareal onde aumenta a pendente, e camiñando sobre 2 Km chegamos ao noso destino, Maceiras.

Zona cha encharcada como consecuencia das pequenas canles que nela existen, consecuencia dos moitos regatos e torrentes que baixan cara a praia e que nela desembocan.