SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ, DE O A 6 ANOS
Que é a atención temperá?
A atención temperá enténdese como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e á súa contorna. O seu obxectivo é dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes da rapazada con trastornos de desenvolvemento ou en risco de padecelos. É importante detectar as dificultades o antes posible para poder ter uns resultados mellores.
A quen se dirixe a atención temperá?
Á rapazada de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, ás familias e á súa contorna. Estas familias deben estar empadroadas nos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo.
Quen pode informar dunha sospeita de trastorno do desenvolvemento nun neno?
As propias familias, as escolas infantís, os servizos sociais comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia.
No caso de que a sospeita sexa de fóra da familia, debe informarse á esta para que acuda ao servizo de pediatría.
A onde debo dirixirme para obter máis información?
- Ao servizo de pediatría, que derivará o caso se é necesario á Unidade de Atención Temperá.
- Aos servizos sociais dos Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
- Ao servizo de orientación do centro educativo no que estea matriculado o neno ou nena.
- Ao servizo de Atención Temperá Costa da Morte
Servizo de Atención Temperá Costa da Morte:
- O Ézaro, Dumbría: 696 557 782
- Vimianzo: 696 557 782
atenciontemprana@costadamorte.org