En novembro, o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) tráenos dúas novas propostas para gozar do tempo de lecer en familia e favorecer a crianza e a socialización en galego na infancia, enmarcadas no programa Apego.
As actividades programadas para este mes están recomendadas para familias con nenas e nenos de 4 anos en adiante e teñen como obxectivo ofrecerlles espazos de interrelación e intercambio de experiencias favorables para o uso do idioma dende os primeiros anos de vida, así como promover a igualdade de xénero, visibilizar e pór en valor o papel das mulleres na ciencia e divulgar a ciencia en galego.
Os espectáculos son de balde e para participar non se require inscrición previa. A entrada é libre, ata completar a capacidade do local.
Inventoras con mentes curiosas. Toupiciencia en feminino | A Xanela do Maxín
Espectáculo da serie Toupiciencia, con retos e desafíos para mentes curiosas. Ademais, descubriremos brillantes mulleres que fixeron e fan grandes contribucións no campo da ciencia.
Data: sábado, 9 de novembro
Hora e lugar: 17:30 h | Salón de actos do Concello de Carnota
Idade recomendada: a partir de 4 anos.
Duración: 40 minutos.
Dúas nenas moi valentes | Trémola Teatro
Contacontos teatralizado para fomentar a igualdade de xénero. Nunha festa de pixamas dúas nenas descobren un libro secreto cheo de historias fascinantes, con mulleres como protagonistas.
Data: sábado, 23 de novembro
Hora e lugar: 17:30 h | Salón de actos do Concello de Carnota
Idade recomendada: a partir de 4 anos.
Duración: 40 minutos
Estas actuacións están programadas polo SNL do agrupamento dos concellos de Carnota e Mazaricos, servizo financiado pola Deputación provincial da Coruña.