Subvencións para a mellora da competitividade ata o 80 % da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 3.000,00 euros de axuda. Dirixido a persoas traballadoras autónomas e sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia.

Estarán subvencionados os seguintes investimentos:

• Compra de maquinaria.

• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

• Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

• Compra de utensilios e ferramentas.

• Reforma do local do negocio.

• Equipamento informático.

• Equipamento de oficina e/ou negocio.

• Rótulos.

• Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.

• Deseño de marca.

Requisitos: ter unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000,00 euros e unha facturación mínima anual de 12.000,00 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.

Prazo: O prazo de presentación de solicitudes iníciase ás 9.00 horas do día 25 de xaneiro de 2023 e remata ás 9.00 horas do día 29 de setembro de 2023.

Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0656-040123-0006_gl.html