Ruta do Castro de Mallou

Lonxitude: 0.5 km.
Dificultade: baixa.
Duración: 30  minutos.
Punto de partida: Praza de Mallou.
Punto de chegada: Castro.

Dende as últimas casas do lugar de Mallou ascendemos en pendente cerca de 50 metros, e pouco a pouco comézanse a ver as murallas do castro de Mallou. Encontramos unha división á man dereita que ten un empedrado de lousas irregulares entre o toxo.

Seguindo esta división podemos albiscar pouco máis adiante un carreiro que leva ao castro. O Castro está situado a 125 m de altitude aproximadamente a 1 Km e medio en liña recta do mar. No Castro podemos ver con claridade as murallas exteriores que tiñan unha finalidade militar e defensiva e tamén podemos distinguir algunha casa circular.