Olladas ao Atlántico

Lonxitude: 4,4 Km.
Dificultade: media-alta.
Duración:  2 h de subida.

Permite gozar das máis fermosas paisaxes da Costa da Morte. O camiño leva ao visitante ata o Castelo do Pedrullo, pasando polo Outeiro Nariz e Chan de Lourenzo, onde se atopan formas xeomorfolóxicas de gran singularidade, entre as que destaca o Xigante da Mina.

A ruta culmina na Laxa da Moa, o cumio máis elevado do Monte Pindo, ata onde se pode acceder a pé sen excesiva dificultade. As espectaculares vistas que ofrece a Moa compensan dabondo o esforzo da subida. En días claros pódense albiscar mirando cara ó sur as entradas das rías de Arousa e Pontevedra, e mesmo hai quen di que chegou a divisar as torres da Catedral de Santiago de Compostela.