O Ézaro e a Fervenza do Xallas

Lonxitude: 1,2 Km.
Duración: 1-2 h de subida.
Dificultade: baixa.

Condúcenos ata a Fervenza do Xallas, fronteira natural entre os concellos de Carnota e Dumbría, e único río de Europa  no que as súas augas, hoxe retidas polo Encoro de Santa Uxía, se precipitan espectacularmente no mar en forma de fervenza dende uns 80 metros de altura.

O conxunto, que inclúe  a garganta do Xallas e o macizo do Monte Pindo, conserva un interese xeomorfolóxico excepcional e está considerado Punto de Interese Xeolóxico.