O camiño do Castelo do Pedrullo

Lonxitude: 4,5 Km.
Dificultade: baixa.
Duración:1 h de subida.

Esta ruta permite acceder ao Castelo do Pedurllo, que constitúe o seu principal valor histórico. Trátase dun conxunto granítico que con toda probabilidade foi noutros tempos un Castelo medieval, levantado coa funcionalidade de protexer o lugar fronte a posibles ataques e posteriormente destruído nas revoltas Irmandiñas.

A subida compleméntase coa observación das formacións vexetais do Monte Pindo.