Praias e areais

Os corenta e dous quilómetros de litoral do concello constitúen unha interminable sucesión de fermosas praias e espléndidos areais.

Dende O Pindo ata Lariño contabilízase un total de trinta e tres limpas e acolledoras praias, coa indiscutible beleza da natureza en estado puro.

Praia de San Pedro do Pindo

Caracterízase por ter unha caída moi suave, hai que camiñar metros na auga para que chegue a cubrir, isto unido á especial brancura da súa area, produce unha estraña transparencia da auga, con matices verdosos case transparentes.

Praia urbana con bos accesos, larga e ancha, ideal para a práctica de deportes.

A súa calidade foi recoñecida en moitas ocasións coa bandeira azul.

Praia de Cancelo Graos

De entorno urbano e portuaria. Nela fondean habitualmente embarcacións de recreo.

Augas tranquilas e resgardada dos ventos.

Area de cor branca.

Praia do Porto de Quilmas

Entorno portuario e abrigada, con area de cor dourada.

Nela fondean embarcacións de recreo, así coma barcos pertencentes aos pescadores do lugar.

Praia A Boca do Río

Entorno natural con pinares e desembocadura do Río Vadebois.

É a praia máis frecuentada polo turismo pola súa beleza e os seus servizos.

Dende ela pódese acceder ás praias da Berberecheira e Cangrexeira e as marismas de Caldebarcos, onde se poden observar diferentes tipos de aves.

Praia de Lariño

Ampla e solitaria, encóntrase na esquerda de Punta Ínsua.

Area fina e de cor branca.

Ideal para deportes náuticos coma o windsurf, surf e demais.

Praia de Mar de Lira

Pequena, rústica, de area fina e rocas.

De entorno virxe, ventosa e de oleaxe moderada.

Area branca

Praia de Cons

Praia que constitúe un rincón privilexiado, cunha gran calidade da súa area nun medio virxe.

Praia de A Insuela

Un remanso de tranquilidade preside este areal situado tamén en Caldebarcos.