A praia de Carnota e as marismas de Caldebarcos
A praia de Carnota, con forma de media lúa, é unha área natural de gran beleza e gran interese ambiental. Despois dunha inmensa praia, de aproximadamente 7 km de largo, érguese un conxunto único de dunas e marismas con unha lagoa interior que alberga comunidades de plantas e animais de gran interese. Inclúe A Berberecheira, As Cangrexeiras, Carrofeito e A Raña. Para os observadores de aves, este é un lugar ideal, xa que serve como refuxio para moitas especies nos seus movimentos migratorios e outras que se establecen aquí durante todo o ano, ademáis de ser un dos poucos lugares de Galicia onde anida a píllara papuda.
No corazón da praia, a desembocadura do río Vadebois ofrece un marabilloso espectáculo no que se coñece como A Boca do Río.
Debido a súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como a súa incalculable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista alemana “Traum Stände” como unha das cen mellores do mundo. Asimesmo, o boletín de noticias rentalia.com, en unha enquisa na que contaron máis de 1.000 opiniónss, clasificaa entre as tres mellores de Galicia.