Tipoloxía: Petróglifo
Cronoloxía: Idade do Bronce
Parroquia: Santa Comba de Carnota
Lugar: Mallou
Altitude: 220 m
Descrición do entorno: Monte Baixo e toxos

Filladouro

Acceso

Situado nunha das marxes da Senda Verde, ubicado en diferentes partes dun outeiro rochoso de grandes dimensións e boa visibilidade.

 

 

Descrición

No primeiro grupo que podemos diferenciar, ubicado sobre unha laxe plana de complicado acceso debido ao desnivel e irregularidades do terreo (situada a uns 30 metros da pista e a 15 das primeiras pedras do outeiro, a modo de altar de 3x2´5 m, sobresaíndo case dous metros sobre o terreo na parte de abaixo, a nivel na superior) obsérvase unha serie de rebaixes cadrados rodeados nalgúns casos con liñas perimetrais. Acompañando a estos rebaixes (contabilizamos ata 15 de diferentes proporcións) pódense ver varios sucos que nalgúns casos chegan a formar un reticulado irregular

Na zona superior do outeiro apréciase outra agrupación de tipoloxía moi diferente a anterior. Neste caso obsérvase unha combinación de ata seis círculos concéntricos cunha coviña central dende a que parecen saír regos rectilíneos que cortan os círculos como radios. Acompañando a este motivo central temos varios rebaixes e coviñas. Nas proximidades pódense ver máis combinacións circulares de menor complexidade.

 

Bibliografía

“Gravados rupestres nos montes de Carnota”
José Cernadas Sande.
tresCtres Editores.
Santa Comba (A Coruña) 2008.
TOMO V – CATÁLOGO  PLAN GENERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL – CONCELLO DE CARNOTA  DOCUMENTO PREVIO A LA APROBACIÓN INICIAL EQUIPO REDACTOR: SCQ TAU territorio, arquitectura y urbanismo SLP ABRIL 2013.